La Coctelera

feminismo

humanidad=igualdad

11 Marzo 2009

10 de marzo do 1972, o día que chorou Ferrol

Rafael Pillado

Artigo publicado en “Diario de Ferrol” 10 marzo 2009

Fai 21 anos, Xulio Aneiros, Manolo Amor, José María Riobó (a quenes quero lembrar hoxe, xunto con Amador e Daniel), máis eu, asinábamos un artigo para reivindicar a data do 10 de marzo de 1972. Diciamos así: “O dez de marzo cúmprese o dezaseis aniversario da máis importante mobilización dos traballadores galegos na súa historia recente. En marzo do 72, os traballadores da Bazán, núcleo máis organizado da Clase Obreira Galega, coa solidariedade da comarca, Galicia e outros lugares de España, enfrentábase resoltamente contra empresa e institucións políticas do franquismo, que negaban dignas condicións de vida e de traballo, e as liberdades políticas, sindicais e nacionais, ao conxunto da sociedade. Impoñían así a súa maioría de idade
maioría de idade e rexeitaban unha ditadura que xa duraba décadas, e cuxa razón de ser era asoballar aos traballadores”.
“O 10 de marzo convertíase así na expresión internacionalista dos traballadores galegos na defensa de dereitos e liberdades a conquistar polos traballadores españois. Constituía e constitúe un achegue ó que é a festa do 1° de maio para todos os traballadores do mundo”.
Certo, o 10 de marzo de 1972 os traballadores da Bazán e con eles os da comarca, e a cidadanía de Ferrol, agredidos polas forzas represivas do franquismo paralizaron a cidade. Así o relata o noso amigo infelizmente falecido, Ramiro Fonte en “Os leopardos dá lúa. 1993”... A cidade negábase a espertar. O ambiguo silencio do albor prolongábase cara o medio día, coma se todo estivese encamiñado a borrar aquela data do conxunto do tempo. As badaladas das horas soaban mal, desconcertadas e, no canto de alelar o aire, aínda o magoaba máis creando unha forma de silencio maior. Non se ouvían as cornetas dous cambios de garda nas principais dependencias marítimas, nin os monótonos muxidos das sireas do asteleiro. As portas dos comercios das rúas principais estaban datadas. Os coches non circulaban. A cidade estaba morta, coma se ás súas portas viñésen petar, novamente, os espectros dunha afastada guerra ...”
Efectivamente, a morte de Amador e Daniel, a posibilidade de que Xulio Aneiros morrese tamén, e a morea de feridos polo ataque policial provocaron unha resposta fulminante e unánime dos ferroláns e ferrolás, un rexeitamento a aquelas accións fora de toda medida. O réximen pretendía producir unha grande conmoción a sangue e lume que xustificase despedimentos e cadeas para desfacer a organización opositora dos traballadores. O réximen daba por perdido o seu control sobre esta comarca, como recoñecía o xefe do servizo secreto, Coronel San Martín, e quería reprimilo custase o que custase. E iso sen que por parte dos traballadores se recurrise a ningunha forma de violencia. Exercitabanse, iso si, o que hoxe son practica legal, a manifestación e a folga.
Pero hoxe, 37 anos despois daqueles feitos, cumpre ter presente aquela experiencia. Non xurdiron por casualidade aquelas loitas. Eran o resultado de anos de traballo, de sufrimentos, de sacrificio por dotar aos traballadores de instrumentos axeitados de defensa. As ensinanzas de marzo dinnos que en calqueira circunstancia, a unidade dos trabaladores é fundamental. Unidade para a acción, non para a pasividade. Como é fundamental a solidariedade de clase. Unha solidariedade que no 72 supuxo que o problema que afectaba a un grupo de traballadores, por pequeno que fose, era de todos. Do mesmo xeito que onde había un persoal desorganizado, era tarefa de todos axudálos a organizarse. E esa tarefa correspondeu fundamentalmente aos compañeiros de Bazán e Astano, onde se concentraba a principal forza laboral.
Solidariedade de clase que rachaba calquer diferenza entre traballadores fixos e subcontratados. Proba delo é que anos despois, moitas das subcontratas incorporáronse as empresas principais. Por que agora non?
Non deberamos perder de vista que estamos diante dunha grave crise do sistema económico. Que vai afectar, xa está facendo, a tódolos sectores da sociedade e fundamentalmente ás forzas do traballo e da cultura, sobre todo afectar pola precariedade laboral. Sen perder de vista que tamén sacode xa a importantes sectores da pequena e mediana empresa.
Ninguen sabe até onde chegará esta situación, a pesar de que os gobernos se poñen a disposición daqueles que veñen xenerando o fundamental da crise. E sería moi bo, que os sindicatos tomasen nota. Pola profundidade dos problemas, a situación exixe ter ben engrasadas as ferramentas de defensa dos traballadores. E quenes non respondan nesta época ás necesidades do mundo do traballo, poden quedar arrinconados pola historia.
Non chega con ter institucionalizada esa data de marzo. Nin chega con ter estruturas sindicais organizadas. Hai que dar cada día proba da súa utilidade.
O 10 de marzo é unha data na historia pero é tamén un espello en que mirarse para non perder o paso.

________________________________________
Comparte tus fotos con tus amigos. Más fácil con Windows Live

servido por rosanei sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Creo que soy una idealista que a pesar de todo sigo creyendo en que el ser humano es esencialmente bueno. La maldad, a veces, viene dada entre otras muchas cosas, por la crianza, la falta de información y la escasez de curiosidad para ir en busca de la verdad que es la que nos permite el poder pensar por propia iniciativa. Me encanta escribir, por eso me he hecho periodista en estos últimos años... Soy socialista mayor, aunque yo diría que no demasiado. Me he movido en un mundo de hombres toda la vida lo que me ha hecho tomar conciencia social e inclinación por el feminismo no radical. Ahora lucho desde mi asociación juntamente con compañeros varones para que las desigualdades se vayan haciendo cada vez más extrañas en un mundo que espero mejor en un futuro que, descorozonadoramente, visibilizo aún muy lejano.

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera